O SNL da USC convoca dúas bolsas de colaboración

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela convoca 2 bolsas de colaboración para o estudantado do segundo ciclo de Filoloxía Galega da USC. O prazo para presentar as solicitudes vai dende o 21 de outubro até o 6 de novembro.

O procedemento de selección consistirá no seguinte:



  • Avaliación non eliminatoria dos méritos que a continuación se indican, que en calquera caso deberán ser debidamente acreditados:





    • Expediente académico, segundo baremos habituais. (O SNL tramitarao de oficio)


    • Colaboración con servizos de normalización lingüística ou experiencia neste terreo: 0,1 puntos (máximo 0,5)


    • Cursos de idiomas, agás os de galego: 0,1 puntos. (máximo 0,5)


    • Outros cursos (informática, mecanografía: 0,1 puntos.

    • Docencia nalgún destes cursos: 0,2 puntos


    • Asistencia a congresos, xornadas, seminarios relacionados coa lingua: 0,05 puntos (máximo 0,5)


    • Presentación de relatorios en congresos, xornadas, seminarios relacionados coa lingua: 0,2 puntos

    • Publicacións relacionadas coa lingua: 0,2 puntos






  • Realización dunha proba simultánea de coñecementos lingüísticos e ofimáticos: unha proba escrita, eliminatoria, que consistirá na reconstrución (mediante a tradución e/ou a corrección) dun texto administrativo ou cientifico-técnico proposto polo tribunal. A proba deberá realizarse mediante o procesador de textos Microsoft Word para Windows. Para os efectos de puntuación, a parte lingüística terá o dobre de peso cá informática.


  • Entrevista persoal


  • A presentación de solicitudes, acompañadas da documentación acreditativa dos méritos alegados, agás o expediente académico que se tramitará de oficio, farase entre o 21 de outubro e o 6 de novembro de 2009, no Rexistro Xeral da USC, situado na Reitoría da USC (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela) ou no Rexistro do Campus de Lugo, situado no edificio de Servizos Administrativos da Biblioteca Intercentros (Avda. de Bernardino Pardo Ouro s/n, Fingoi-Lugo). Tamén poderá presentarse nas formas e lugares establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.



    Podes consultar máis información sobre este proceso selectivo nesta ligazón.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio