O SNL da Laracha organiza un curso de recursos informáticos en galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Laracha organiza, durante o mes de setembro, un obradoiro sobre recursos informáticos en galego e sobre a presenza da nosa lingua na rede.
Entre os diferentes contidos que se han tratar no curso podemos salientar como se pode conseguir o sistema operativo do computador ou as interfaces de usuario dos paquetes ofimáticos completamente en galego, aprender a facer un uso óptimo de correctores ou dos tradutores, falarase da incidencia que o software libre pode ter no uso da lingua galega e daranse a coñecer recursos para as empresa e asociacións. Tamén, por outra banda, falarase da presenza do galego na rede, a través de blogs, contidos culturais…