O SNL da Coruña organiza a exposición “Castelao e Nós”

Con motivo do 90 aniversario da exposición "Nós", organizada en 1920 pola sección de Cultura e Fala da Irmandade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a exposición "Castelao e Nós", que ten lugar do 6 ao 19 de abril no Círculo de Artesáns

Entre o 2 e o 22 de marzo de 1920, o Círculo de Artesáns da Coruña acolleu a Exposición Nós, cunha repercusión social que supuxo o impulso como artista de Castelao e o comezo da súa carreira política. A exposición foi acompañada de catro conferencias (de Viqueira, Quintanilla, Risco e Castelao) e todo foi organizado pola sección de Cultura e Fala da Irmandade da Coruña. Noventa anos despois, o SNL do Concello da Coruña e a AS-PG, presentan unha aproximación ao pensamento de Castelao en cuestións aínda hoxe vixentes a través da súa obra gráfica complementada con diferentes textos que se poden ver no folleto informativo.

Así, organizan a Exposición Castelao e Nós:

Datas: do 6 ao 19 de abril de 2010

Lugar: Círculo de Artesáns da Coruña (rúa Santo André, 36)

Actividades paralelas

O martes 13 de abril, ás 20.00 h, tamén no Círculo de Artesáns, vaise proxectar o vídeo Irmán Daniel, con posterior comentario de Diego Pardo e Laura Mariño.

O venres 16 de abril, ás 20.00 h, tamén no Círculo de Artesáns, podedes asistir a A Galiza das Irmandades: un percorrido en imaxes, da man de Laura Mariño.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio