Trátase dun proxecto para a aprendizaxe da lingua e a cultura galega a partir do acompañamento de persoas voluntarias entre os universitarios estranxeiros que estean a estudar no país.
A metodoloxía de traballo deste programa establece que o voluntario e mais o beneficiario conversarán sobre temas previamente establecidos e en distintos ambientes, como pode ser o teatro, unha visita cultural ou un espectáculo deportivo, para lograr que mediante unha asimilación de coñecementos a través dunha aprendizaxe non formal, se fomente unha mellor aprendizaxe da nosa realidade sociocultural e sociolingüística do galego.
O programa comezará en outubro
O Programa Europeo de Voluntariado Linguístico fomentará a aprendizaxe do galego entre os estudantes estranxeiros da Universidade de Santiago
A Universidade de Santiago, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a SXPL, desenvolverán o vindeiro curso 2009-2010 o programa de Voluntariado Lingüístico Galego. Esta acción enmárcase dentro da acción Lifelong time learning da Comisión Europea.