O premio conta con dúas categorías, unha para empresas que veñen realizando un uso continuado da lingua galega e outra a empresas que se incorporasen recentemente ao uso do galego.
As empresas que desexen participar nesta edición teñen de prazo ata o 30 de novembro para presentar a súa documentación.
As empresas que desexen participar teñen que presentar unha proposta cubrindo un formulario que poden recoller na Oficina de Atención ao Cidadán do Concello e na Cámara de Comercio ou nas súas respectivas páxinas web.
Deben incluír tamén documentación que demostre o emprego do galego nas actividades da empresa ou comercio. As categorías do premio son: empresas que veñan realizando un uso continuado do galego e aquelas empresas que se incorporaran recentemente ao seu uso. Tamén se poderá outorgar unha distinción especial a unha persoa ou entidade pola súa contribución á loita da normalización da lingua galega no mundo empresarial.
Bases completas dos XI Premios Manuel Beiras (.pdf) >
O Premio Manuel Beiras recoñecerá unha edición máis o uso da lingua galega nas empresas de Compostela
O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio convocan a XI edición do Premio Manuel Beiras, un certame co que se quere recoñecer o esforzo que realizan empresas da capital galega no proceso de normalización do uso e prestixio da lingua galega