O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o esforzo normalizador de empresas da cidade no uso da lingua galega

O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIII edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que premio o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 30 de novembro

Calquera empresa ou comercio que estea radicado en Santiago de Compostela pode optar a este premio Manuel Beiras. E poden propoñelo os seus ou súas representantes ou propietarios/as ou tamén pode suxerilo calquera persoa ou entidade que o considere merecente deste galardón.

Para formular as propostas de candidatura chega con comunicarllo ao Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (dlg@santiagodecompostela.org / 981 542 409) ou ao Departamento de Comunicación da Cámara de Comercio (981 596 800) antes do 30 de novembro.

As bases do premio diferencian dúas categorías: empresas que veñen utilizando o galego de maneira continuada e empresas que galeguizaron recentemente a súa comunicación (porque son de nova creación ou porque mudaron os seus usos hai pouco tempo). O xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a unha persoa ou entidade que contribuíra significativamente á normalización lingüística no ámbito empresarial.

Máis información sobre o certame, no web do Concello de Santiago de Compostela >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio