O premio contempla dúas categorías, unha para as empresas que veñen realizado un uso continuado da lingua galega e outra para as que se incorporaron recentemente ao uso do galego.
As empresas que desexen participar teñen que presentar unha proposta cubrindo un formulario que poden recoller na Cámara de Comercio ou na Oficina de Atención ao Público do Concello e nas súas respectivas webs (www.camaracompostela.com / www.santiagodecompostela.org [formulario aquí]).
As bases completas poden consultarse en .pdf aquí >
En edicións anteriores xa foron premiadas empresas como Aceiro, T44, Papelaría Xaquín, Rey Xestión, Clínica Veterinaria, Sala Nasa, R, Otero Pombo, XHO, Castromil, Espeteira, Vieiros, Xanela Arquitectura, Fundación Galicia Empresa, Alcampo Santiago, Freire Chico, Editorial Compostela, Escola Infantil Raiola, Mercado de Abastos de Santiago, Litonor, Confederación Galega de Minusválidos, Libraría Couceiro, Erica Mel, Seguridade A1, Cenlitrosmetrocadrado, Dado Dadá, Federación de Libreiros, A Navalla Suíza, Tórculo Artes Gráficas, Área Central, Libraría Pedreira, Localia Santiago, Lambonadas Pecados, O Dezaseis, Novi Ius ou Atlántica de Información.
Outros premios que se convocan con finalidades moi semellantes son o Xoán Manuel Pintos (Concello de Pontevedra e REAL), o Xulio Dans (Concello de Oleiros), o Dolmen de Ouro (Federación de Empresarios do Barbanza), Comercio en galego (Concello de Vilagarcía), etc.
O Premio Manuel Beiras premirá un ano máis o uso do galego nas empresas da capital galega
O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XII edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que premio o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 30 de novembro