O Parlamento pide por unanimidade que todos os cargos da Xunta usen publicamente o galego

O Parlamento galego aprobou por unanimidade o 18 de febreiro unha resolución na que instan á Xunta a que, en cumprimento da legalidade vixente, poña en coñecemento dos seus cargos públicos a necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito, da lingua galega no desempeño das súas funcións

A resolución, que foi proposta polo grupo parlamentar do BNG e contou cos votos a favor dos grupos do PP e do PSdeG-PSOE, di textualmente o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, en cumprimento da legalidade vixente, poña en coñecemento dos seus cargos públicos e dos organismos e entes autonómicos, sociedades públicas e institucións dela dependentes, a necesidade de facer uso público, tanto oral como escrito, da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública.”
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio