O Parlamento galego aprobou o día 8 de setembro por unanimidade unha proposición non de lei para promover a filosofía da oferta positiva que sinala o Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG). Deste xeito, os tres grupos con representación parlamentaria, PP, PSOE e BNG, aprobaron a proposta presentada polo BNG na que, textualmente, se di:
O parlamento de Galicia insta ao goberno galego a consolidar na Administración Pública Autonómica e nos organismos e entes dela dependentes o uso do galego como lingua xeral de referencia, tanto a nivel escrito como oral, garantindo, en todo caso, a cooficialidade lingüística establecida na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. En consecuencia, estableceráse o galego como lingua de contacto inicial entre o funcionario e os administrados e administradas nas relacións presenciais e na atención telefónica, sen prexuízo de dereito destes últimos á atención na lingua oficial da súa preferencia”.
O Parlamento insta á Xunta a converter o galego en lingua xeral de referencia inicial da administración
Os tres grupos parlamentarios, PP, PSOE e BNG, aprobaron por unanimidade, a proposta do BNG, instar ao goberno a converter o galego na lingua de contacto inicial entre o funcionario e os/as administrados/as nas relacións presenciais e na atención telefónica