Na Resolución 2013/2007(INI), difundida en galego por Prolingua, o Parlamento Europeo pídelle á Unión Europea e aos estados membros que presten maior atención á gravísima ameaza que pesa sobre numerosas linguas de Europa e que se comprometan con empeño coa protección e o fomento da diversidade lingüística, aplicando políticas proactivas ambiciosas de revitalización das linguas e destinando a este obxectivo orzamentos razoables.
Ademais, fai un chamamento para que todos os estados membros ratifiquen e apliquen a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias e considera que a Unión Europea debe apoiar aos Estados membros e animalos a que apliquen unha política lingüística que permita a adquisición desde a máis tenra infancia como lingua materna da lingua ameazada. Sinala ademais que, como se demostrou cientificamente, unha política de promoción de dúas ou máis linguas beneficiaría aos nenos e axudaríalles a aprender outras linguas máis adiante, ademais de fomentar a transmisión entre xeracións das linguas, e prestaríalles aos falantes de linguas ameazadas de desaparición un apoio concreto para revitalizar a transmisión entre xeracións intergeneracional nas zonas en que diminúa. Na resolución tamén se sinala a importancia do uso das linguas minorizadas nos medios de comunicación
Pódese consultar íntegra e en galego, en .pdf, aquí >
O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas
O Parlamento Europeo aprobou o 11 de setembro de 2013 unha Resolución sobre as linguas europeas ameazadas, a través da que lles pide aos estados maior atención e que se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados