parlamento de galicia

O Parlamento de Galicia convoca dúas bolsas formativas para o Servizo de Publicacións

Parlamento de Galicia anuncia a convocatoria para a concesión de bolsas para a formación en prácticas na institución, entre as cales se inclúen dúas no Servizo de Publicacións. O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles a partir da publicación do anuncio no DOG do 15 de novembro.

Parlamento de Galicia convoca sete bolsas de formación práctica na institución, en materias de comunicación institucional, publicacións, recursos humanos e contratación e xestión parlamentaria.

DÚAS BOLSAS EN PUBLICACIÓNS

Poden optar a estas bolsas as persoas que posúan grao en Tradución e Interpretación, cando a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.

Outros requisitos comúns a todas as bolsas son:

  • Titulación obtida no ano 2017-2018 ou posterior
  • Coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4

DURACIÓN E CONTÍA DAS BOLSAS

As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses desde o seu inicio. 

A contía de cada bolsa é de 1300 euros mensuais, coa retención que legalmente proceder.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, publicación que se produciu no DOG do 15 de novembro

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio