O Parlamento de Galicia convoca nove bolsas de formación práctica na institución, en materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, recursos humanos e contratación, xestión parlamentaria e asistencia xeral e administrativa.
DÚAS BOLSAS EN PUBLICACIÓNS
Poden optar a estas bolsas as persoas que posúan grao en Tradución e Interpretación, cando a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.
Outros requisitos comúns a todas as bolsas son:
– Titulación obtida no ano 2016-2017 ou posterior
– Coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4
DURACIÓN E CONTÍA DAS BOLSAS
As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses desde o seu inicio.
A contía total de cada bolsa é de 12.000 euros brutos, a razón de 1.000 euros brutos ao mes.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, publicación que se produciu no DOG do 13 de febreiro.
Bases completas en .pdf (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do 10 de febreiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 13 de febreiro de 2023)
O Parlamento de Galicia convoca dúas bolsas formativas en publicacións
O Parlamento de Galicia anuncia a convocatoria para a concesión de bolsas para a formación en prácticas na institución, entre as cales se inclúen dúas en publicacións. O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles a partir de hoxe.