O mestrado en lingua e usos profesionais da Universidade da Coruña terá este ano unha segunda edición

A Universidade da Coruña (UdC) organiza a segunda edición do Máster oficial en lingua e usos profesionais, que ten, entre outras, unha especialidade en galego. O prazo de preinscrición remata o 14 de agosto de 2008.

O máster en Lingua e usos profesionais integra materias dos ámbitos lingüístico, tecnolóxico e das ciencias sociais. Para iso, o título está organizado en cinco módulos, catro deles obrigatorios e un con materias optativas.

Módulos obrigatorios:

-Informática aplicada

-Xestión do coñecemento e recuperación da información

-Recursos lingüísticos e novas tecnoloxías

-Comunicación oral e escrita 1

Módulo con materias optativas:

-Comunicación oral e escrita 2

O programa comprende a realización de prácticas profesionais e a presentación dunha memoria final do máster.

O prazo de preinscrición estará aberto até o 14 de agosto de 2008.

A formalización de matrícula terá que realizarse no mes de setembro.

O importe da matrícula ten prezos públicos. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información subvenciona ao estudo para todo o estudantado do máster.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio