O Instituto Galego de Estatística presentou a Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 con datos sobre o uso e coñecemento do galego

O Instituto Galego de Estatística publicou o xoves 15 de abril a Enquisa de Condicións de Vida das Familias, que achega datos sobre o emprego e coñecemento da nosa lingua correspondentes a 2008.

A enquisa, que está dispoñíbel nesta ligazón achega datos de interese sobre a evolución lingüística do país. Segundo esta enquisa, en 2008 o 30% dos galegos fala habitualmente sempre en galego. Esta porcentaxe baixou 13 puntos con respecto ao ano 2003. Esta baixada provocou unha suba de 8,2 puntos na porcentaxe dos que falan máis galego ca castelán, ata situarse no 26,4%. A porcentaxe dos que habitualmente falan máis castelán que galego subiu 3,8 puntos ata acadar o 22,5% e a dos que falan sempre en castelán subiu 5 décimas ata o 20,1%.

Cada vez é menos a xente a que posúe un bo dominio da nosa lingua, tanto para a falar como para a entender. Deste xeito, só un 66% da poboación galega entende “moito” o galego, fronte ao 81,1% de cinco anos antes. Á hora de o falar, un 54,1% da poboación considera que saber falar ben a lingua, fronte ao 67,9% de 2003.

Canto á mudanza de lingua, descende proporcionalmente o número de individuos que aprendendo a falar en castelán pasan ao galego ao tempo que cada vez son máis os falantes nativos de galego que se pasan ao castelán.

Pode consultar a nota de prensa sobre a enquisa nesta ligazón
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio