O Instituto da Lingua Galega súmase ás críticas públicas á política lingüística da Xunta

O Instituto da Lingua Galega (ILG) fixo pública unha carta dirixida ao presidente da Xunta de Galicia na que critica as medidas adoptadas e as declaracións realizadas polos distintos membros da Xunta que supoñen “un serio retroceso na extensión do coñecemento do galego e na súa implantación na sociedade, na administración e no ensino”.

Igual que xa fixeron os departamentos da Filoloxía Galega das tres universidades do país, a Real Academia Galega (RAG), sindicatos, asociacións, colectivos diversos, etc., agora o Instituto da Lingua Galega (ILG) fixo pública unha carta dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que o Consello Científico desa institución critica os anuncios e declaracións do goberno da Xunta e que supoñen “un serio retroceso na extensión do coñecemento do galego e na súa implantación na sociedade, na administración e no ensino”.

Así, o ILG indica que as medidas e declaracións dos membros do goberno “están a producir un dano gravísimo ao prestixio social da lingua galega, socavando todas as actuacións de normalización anteriores e poñendo en cuestión as futuras”.

Na carta, lémbranlle ao presidente da Xunta que o goberno galego “ten o deber de promover a lingua galega en todos os ámbitos da sociedade, e ten tamén a responsabilidade de contribuír a xerar un clima positivo cara a ela”.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio