O día 20 de maio, ás 18.30 h, descubrirase unha placa na fachada do ILG, coa que se dará noticia de que no segundo andar do edificio viviron Rosalía de Castro e Manuel Murguía nos anos 1863-1865.
Posteriormente, ás 19.00 h, terá lugar no Paraninfo da universidade un acto académico conmemorativo do 40 aniversario do ILG.
A data exacta do anuncio da creación do ILG, na Universidade de Santiago de Compostela, foi o día 14 de maio de 1971, pechando unha semana en que se presentara o método Galego 1 e se celebrara un ambicioso ciclo de conferencias sobre filoloxía galega, con importantes figuras da romanística e das filoloxías hispánica e portuguesa.
O Instituto a Lingua Galega (ILG) celebra o seu 40 aniversario
En 1971 a Universidade de Santiago de Compostela creaba o Instituto da Lingua Galega (ILG) e, para celebrar o 40 aniversario, o día 20 de maio de 2011 terá lugar un acto conmemorativo