O ILG convoca tres postos de traballo en varios proxectos lingüísticos

A USC anuncia a contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado no Instituto da Lingua Galega (ILG). O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de marzo

PROXECTO: Revisión e clasificación de datos para a realización dunha análise dialectométrica da información do Atlas Lingüístico Galego

-Referencia da actividade: 2013-PG069

-Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega

-Investigador responsable: Xulio César Sousa Fernández

-Número de prazas: 1

CONDICIÓNS DO CONTRATO

-Retribución bruta mensual: 825,00 €

-Duración do contrato: 9 meses

-Data inicio prevista: 01/04/2014

-Data fin prevista: 31/12/2014

-Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Filoloxía Románica ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas

MÉRITOS: expediente académico (40%), experiencia en análise dialectométrica de datos (30%), publicacións relacionadas coa investigación dialectal (30%)

**********

PROXECTO: Mantemento e ampliación do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega

-Referencia da actividade: 2013-PG069

-Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega

-Investigador responsable: Xosé Luís Regueira Fernández

-Número de prazas: 1

CONDICIÓNS DO CONTRATO

-Retribución bruta mensual: 825,00 €

-Duración do contrato: 9 meses e 15 días

-Data inicio prevista: 15/03/2014

-Data fin prevista: 31/12/2014

-Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Filoloxía Románica ou Grao en Lingua e Literaturas Galegas

MÉRITOS: expediente académico (60 %), título de máster de peril investigador (10%), experiencia en traballo con córpora orais (10%), coñecemento e experiencia de traballo coas programas Praat e Elan (10%), entrevista persoal (10%)

**********

PROXECTO: Revisión da base de datos do volume a redactar do Atlas Lingüístico Galego, elaboración, revisión e corrección de mapas, lendas e notas, corrección de probas de imprenta do volume

-Referencia da actividade: 2013-PG069

-Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega

-Investigador responsable: Francisco Fernández Rei

-Número de prazas: 1

CONDICIÓNS DO CONTRATO

-Retribución bruta mensual: 825,00 €

-Duración do contrato: 8 meses e 15 días

-Data inicio prevista: 15/04/2014

-Data fin prevista: 31/12/2014

-Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS: Licenciado/a Filoloxía Galega, Románica, ou Grao en Lingua e Literatura Galegas

MÉRITOS: expediente académico (licenciatura ou grao) (70%), investigación en dialectoloxía galega (20%), entrevista persoal os candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (10%)

**********

Prazo para a presentación de solicitudes: 17/03/2014

Convocatoria completa en .pdf >

Información completa no web do ILG >

Anuncio da convocatoria >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio