O Google translate incorpora o galego

O servizo de tradución máis empregado na rede, o Google translate, vén de incorporar esta fin de semana o galego á súa listaxe de idiomas. Con todo, trátase dunha versión en probas e, polo momento, os resultados son mellorábeis.

O servizo de tradución de Google, a que se accede na páxina www.translate.google.com incorpórase á ampla variedade de tradutores que a día de hoxe temos á nosa disposición.



  • Traducíndote: tradutor baseado no opentrad e que permite traballar con documentos en diferentes formatos.


  • Imaxin: outro tradutor baseado no opentrad e que permite a tradución de documentos e páxinas web.


  • ES-GL: o tradutor da Secretaría Xeral de Política Lingüística


  • Traduza-g:ferramenta que só traduce na dirección español-galego, mais ofrece uns resultados de boa calidade.


  • Cervantes: tradución de textos breves e páxinas web do Instituto Cervantes




Na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da USC podes achar máis información sobre os tradutores, ademais dunha completa comparativa entre as súas funcionalidades.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio