O galego presente na Expolangues 2010 de París

Do 3 ao 6 de febreiro o galego está presente na feira internacional Expolangues 2010 que ten lugar en París, unha feira internacional na que participan máis de 80 linguas e coa que se procura promover o estudo de idiomas, favorecer o multilingüismo e desenvolver a comunicación internacional

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que vén acudindo habitualmente a esta cita nos últimos anos, conta nesta feira cun expositor para difundir a lingua galega e as súas posibilidades de aprendizaxe, a través dos recursos na rede, dos centros de estudos galegos das universidades francesas ou dos cursos de verán para estranxeiros en Galiza. Ademais, cada día ofreceranse minicursos de iniciación á lingua galega, para que os/as visitantes interesados/as poidan probar a pronunciar as súas primeiras palabras en galego.

No espazo da SXPL, os/as visitantes da Expolingua de París poden informarse sobre cursos e outros programas de aprendizaxe da lingua galega, sobre os recursos e diversos materias dispoñíbeis para coñecer este idioma ou sobre a historia e a situación actual da lingua propia da nosa comunidade. Tamén se ofrece información sobre a rede de proxección exterior da lingua e principalmente sobre os centros de estudos e as cátedras onde é posíbel aprender galego e achegarse á cultura de Galiza.

A Expolingua de París

Expolingua é o centro de reunión para todos aqueles que ofrezan ou busquen produtos e servizos relacionados co ensino de idiomas en todo o mundo, e coa formación universitaria e profesional. Ao tempo, é un escaparate das últimas novidades editoriais e dos avances tecnolóxicos aplicados á lingüística ou á internet.

O perfil de visitantes e expositores é variado: estudantes á procura de cursos de idioimas, estadías no estranxeiro ou material didáctico, profesores/as interesados/as nas últimas tendencias e innovacións para mellorar as súas clases, editores/as, tradutores/as, intérpretes…

Ofrécense preto de cen conferencias durante os días nos que se celebra a feira e máis de 200 expositores de diferentes sectores ofrecen información detallada aos/ás máis de 22.000 visitantes que acoden.

Onde?

Na Expo de París, no pavillón 5.2 Porta de Versailles (París)

Cando?

Do 3 ao 6 de febreiro, en horario de 10.00 h a 21.00 h o primeiro día (só para profesionais) e de 10.00 h a 18.00 h o resto dos días

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio