O galego no ensino. O ensino en galego

A CIG-Ensino e a AS-PG organizan o vindeiro 25 de xaneiro en Compostela a xornada de debate e reflexión O galego no ensino. O ensino en galego. A matrícula é gratuíta e está aberta até o 24 de xaneiro.



A xornada O galego no ensino. O ensino en galego terá lugar no IES As Fontiñas (rúa Estocolmo, 5, Santiago de Compostela) e ten os seguintes obxectivos:

– Mostrar distintos modelos de normalización lingüística aplicados no Estado español e reflexionar sobre os seus resultados.

– Reflexionar sobre a repercusión do Decreto do plurilingüismo na situación actual da lingua galega e en relación co momento anterior da súa aplicación.

– Mostrar distintas posturas e iniciativas do profesorado ante a situación da lingua galega no ensino.

– Refexionar sobre o papel da Administración educativa e dos poderes políticos en canto á normalización lingüística.

– Concluír que medidas se poden tomar para impulsar a recuperación da lingua en distintos ámbitos dada a situación actual de retroceso e perda de falantes.

PROGRAMA

Sesión de mañá

10:00 horas. PILAR GARCÍA NEGRO, profesora UDC e escritora: A lingua galega no ensino: acomodación ou normalización?

11:30 horas. PERE MAYÁNS BALCELLS, xefe do Servei de Suports i Recursos Lingüístics do Departament d´Educació da Generalitat: A escola no proceso de normalización lingüística do catalán en Catalunya

12:30 horas. Descanso



13:00 horas
. PAUL BILBAO SARRIA, secretario xeral de Kontseilua (Consello de Organismos Sociais do Éuscaro): Competencia na lingua propia no sistema educativo da Comunidade Autónoma Vasca: luces e sombras

Sesión de tarde

16:30 horas. MERCEDES QUEIXAS ZAS, docente de lingua e literatura galegas e escritora: A reconstrución dunha desfeita. Abrir un tempo novo para tomar a palabra

17:30 horas. O profesorado toma a iniciativa: posta en común de experiencias normalizadoras actuais:

– CIBRÁN ARXIBAI QUEIRUGA, docente de matemáticas no IES Antón Losada Diéguez da Estrada

– DOLORES OUBIÑA MILLÁN, docente na escola de educación infantil A Pastora de Cambados

– SOFÍA RAMA LORENZO, docente de lingua e literatura galegas no IES Félix Muriel de Rianxo

– COVADONGA RODRÍGUEZ ARGUELLES, docente e responsábel da biblioteca no CEIP Xosé María Brea Segade de Rianxo

– NEL VIDAL BARRAL, docente de lingua e literatura galegas no IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo.



19:30 horas
. Conclusións

MATRÍCULA

A matrícula é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O prazo está aberto até o 24 de xaneiro.

Máis información aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio