O galego na feira internacional Expolangues

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contará cun expositor na feira internacional de linguas Expolangues, que terá lugar en París dende hoxe até o venres 16 de xaneiro.

A Expolangue é un espazo de encontro de diversas institucións lingüísticas de todo o mundo e entidades de formación en idiomas, para favorecer o intercambio e a promoción da diversidade de linguas, así como para dar a coñecer ferramentas e posibilidades de aprendizaxe aos visitantes.

A expedición galega pretende difundir o galego e as súas posibilidades de aprendizaxe, a través dos recursos na rede, dos centros de estudos galegos das universidades francesas e mais dos cursos de verán para estranxeiros en Galicia. Ademais, o venres 16, haberá minicursos de iniciación á lingua galega nun dos salóns da feira.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio