O galego medra contigo! Maio encherá A Coruña de actividades de promoción lingüística

Durante todo o mes de maio toda a cidade da Coruña encherase de diversas actividades para que pequenos/as e mozos/as poidan gozar da lingua galega. Unha carpa móbil percorrerá os diversos barrios con animación de rúa, concertos, teatro, animación á lectura, exposición de materiais, etc.

O Campo da Leña, Novo Mesoiro, Salvador de Madariaga, a Praza das Conchiñas, a Praza Elíptica e a Praza de Pablo Iglesias da Coruña acollerán durante o mes de maio unha carpa móbil chea de actividades para nenos e nenas na que estarán Os Manicómicos, Mamá Cabra, Migallas, Falcatrúa, Casahamlet, etc., con música, animación, monicreques, teatro, actividades variadas, etc., ademais de exposición de materiais en galego e sorteos.

Deste xeito, a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, en colaboración coa Concellaría de Cultura, poñen en marcha o programa de actividades O galego medra contigo.

Ademais de todas esas actividades da carpa móbil, tamén se van desenvolver outras por toda a cidade e organizadas por diversas entidades, como un concerto cos grupos Chámalle Xis, Sonoro Maxín e Berri Txarrak, ciclos de conferencias, maratóns de lectura, outros concertos, etc.

O programa completo pódese descargar en .pdf aquí. Tamén se pode obter máis información no blog do SNL do Concello da Coruña.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio