O .gal, cada vez máis preto, presenta a candidatura para termos dominio galego en internet

A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas (.gal) está a piques de presentarse ante a ICANN, o ente que goberna os enderezos de Internet. O próximo martes 29 de maio será presentada publicamente na Cidade da Cultura

A ICANN, o ente que goberna os enderezos de Internet, pechará o prazo para remitir as propostas o próximo día 30 de maio, e a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal.

Isto foi posíbel grazas ao traballo da Asociación puntoGAL, ao apoio dos máis de 100 socios/as e ás máis de 12.000 persoas que asinaron en liña.

Con este motivo, puntoGAL organiza unha presentación e unha mesa redonda o martes 29 de maio ás 12.00 h no auditorio da Cidade da Cultura. Nela participarán, entre outros, representantes da Fudació Puntcat (que xestiona o .cat), EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero.

O acto servirá para explicar os prazos do exame da ICANN e as futuras formas de rexistro do .gal.

Desde puntoGAL sinalan que é fundamental “visualizar ben a forza social que hai detrás do .gal, algo que será determinante para superar o exame da ICANN e, posteriormente, facer do .gal un éxito que permita reverter os beneficios no fomento do galego nas novas tecnoloxías”.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio