Este foro de debate analizou a situación actual e as perspectivas do idioma galego nun contexto global. Para isto contou coa participación de 18 expertos de dez universidades europeas.
O obxectivo do foro foi ofrecerse como ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do idioma galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións da sustentabilidade da diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Por tanto, a problemática do galego foi considerada, desde unha perspectiva ecolingüística, en varias dimensións: no escenario global da mundialización, no espazo europeo de diversidade lingüística, no marco do multilingüismo español, nas condicións concretas da sociedade galega e na perspectiva da súa relación especial co ámbito luso-brasileiro.
A través da mediateca do Consello da Cultura Galega poden verse os vídeos das diferentes intervencións:
A perspectiva global da diversidade lingüística
Carme Junyent
Retrucantes: Pilar García Negro e Ana Iglesias
A glotopolítica de Galicia
Xaime Subiela
Retrucantes: Alba Nogueira e Jaine Beswick
A política lingüística do Estado
Emili Boix
Retrucante: Fernando Ramallo
Dereitos lingüísticos, desenvolvemento humano e diversidade lingüística no mundo globalizado
Suzanne Romaine
Universidade de Oxford
A sociolingüística de Galicia
Anxo Lorenzo
Retrucantes: Johannes Kabatek e Gabriel Rei Doval
Diversidade lingüística en Europa
Dónall Ó Riagáin
Retrucantes:
François Grin e Xavier Alcalá
Galicia no espazo cultural e simbólico da LusofoníaIvo Castro
Retrucantes: Elías Torres e Rosario Álvarez
VÍDEOS DO FORO SOCIEDADES PLURILINGÜES, DA IDENTIDADE Á DIVERSIDADE
O foro de Sociedades plurilingües, agora en vídeo
Os días 19 e 20 de xuño de 2008 tivo lugar no Consello da Cultura Galega o foro Sociedades plurilingües, da identidade á diversidade. Agora poden verse en vídeo a través da rede as diferentes intervencións.