Como xa anunciamos nunha outra nova, nas versións anteriores tiñamos que engadir un complemento ao noso navegador para poder ter unha interface en galego. Mais agora xa podemos descargar directamente a versión en galego do navegador desde a páxina oficial do proxecto Mozilla.
A tradución en galego do Firefox está na fase de probas ou beta, un proceso que durará arredor dun mes, momento en que o galego formará parte das distribucións oficiais.
O Firefox xa ten versión oficial en galego
A pesar da demora, o popular navegador da internet Firefox xa ten versión oficial en galego grazas ao traballo de persoas voluntarias que fixeron posíbel a súa tradución.