O Consello Escolar de Galicia rexeita a totalidade do proxecto de decreto do plurilingüismo

Na xuntaza que tivo lugar o mércores 7 de abril, o Consello Escolar de Galicia, máximo órgano representativo e consultivo da educación galega, rexeitou a totalidade do anteproxecto de decreto de plurilingüismo no ensino presentado pola Xunta.

O pleno do Consello Escolar de Galicia, órgano superior de consulta e participación da educación no noso país, rexeitou na súa totalidade o anteproxecto do decreto do plurilingüismo que lle foi presentado pola Xunta de Galicia.

Na xuntanza do plenario que tivo lugar este mércores 7 de abril, o Consello Escolar aprobou, con 24 votos a favor e 16 en contra, unha emenda á totalidade do texto.

Este órgano consultivo está composto por profesorado da ensinanza pública e privada, nais e pais de alumnos/as, persoal de administración e servizos, alumnado, sindicatos, administración educativa, administración local, universidades, diversas institucións e persoeiros de recoñecido prestixio.

A emenda á totalidade do antreproxecto de decreto non ten carácter vinculante, xa que o Consello Escolar é un organismo de carácter informativo e consultivo. Do mesmo xeito que aconteceu na Mesa Sectorial do Ensino, o goberno podería obviar a postura do Consello Escolar e sacar adiante unilateralmente o proxecto a pesar de toda a oposición social.

Coincidindo coa xuntanza do Consello Escolar, varios centos de persoas convocadas pola plataforma Queremos Galego concentráronse para amosar o rexeitamento ao chamado pola Xunta “Decreto do plurilingüismo”.

Nos medios:

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio