O Consello da Cultura Galega organiza o Seminario sobre lingua, sociedade e política

Ante a amplitude, intensidade e relevancia política que están adquirindo os debates sobre a lingua, o Consello da Cultura Galega quere estabelecer foros de debate e reflexión nesta materia. Así, en catro xornadas entre decembro e xuño terá lugar o Seminario sobre lingua, política e sociedade.

As catro xornadas temáticas nas que se divide o seminario son:

1 de decembro de 2009: Análise da situación sociolingüística actual

16 de marzo de 2010: Modelos de oficialidade / linguas e ensino

4 de maio de 2010: Medios de comunicación e ámbito socioeconómico

29 de xuño de 2010: Proposta dun modelo de convivencia para o futuro

A primeira das xornadas desenvolverase o vindeiro martes 1 de decembro coa participación de Albert Branchadell, Fermín Bouza, Antón Losada e Mauro Fernández.

O obxectivo final deste foro de debate é a elaboración dun informe, que conterá unha selección dos relatorios e intervencións, e un texto de conclusións elaborado polos coordinadores, que será sometido á discusión dos participantes. Este informe será tamén elevado ao Consello da Cultura Galega.

A asistencia está restrinxida por convite do Consello da Cultura Galega, mais sempre que a capacidade do espazo o permita a organización poderá atender peticións de asistencia de persoas interesadas.

O programa completo en .pdf pode consultarse aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio