Deste xeito, a Xunta de Galicia conta co único apoio da organización minoritaria contraria ao proceso de normalización lingüística, Galicia Bilingüe, e co claro posicionamento en contra de todas as entidades e organizacións que foron consultadas ou relacionadas co sistema educativo: Consello Consultivo de Galicia, Real Academia Galega, Consello Escolar de Galicia, Consello da Cultura Galega, Consello da Xuventude de Galicia, as tres universidades galegas, sindicatos que representan o 90% do profesorado, asociacións e plataformas diversas, etc.
Segundo informan os medios, o informe do Consultivo está formado por “dúas partes”, unha “bastante dura” que se refire a aspectos de “ilegalidade”, e unha segunda parte na que se indican “algúns elementos de reforma para considerar” e que achega suxestións que pretenden mellorar o texto.
O pronunciamento do organismo é “duro” respecto á consulta vinculante aos pais, que poderían cambiar a asignación lingüística estabelecida por decreto sempre e cando o decidisen a metade máis un do censo de familias con alumnos en idade escolar.
Na primeira parte do texto o Consultivo dubida da “capacidade de elección por parte dos pais” xa que considera que non se pode trasladar esa responsabilidade” ás familias, “nin delegar” cuestións que afectan a servizos básicos como “o dereito á educación”, polo que advirte aspectos de “ilegalidade”.
Información nos medios
- Un ditame “duro”. Galicia Hoxe, 13/5/2010
- El Consello Consultivo ve indicios de ilegalidad en el decreto del gallego. La Voz de Galicia, 13/5/2010
- El Consello Consultivo cuestiona que el decreto del gallego sea constitucional. El País, 13/5/2010
- “Dudas de legalidad” en la consulta a los padres. El Correo Gallego, 13/5/2010
- Dúbidas sobre a legalidade do decreto do galego. A Nosa Terra, 13/5/2010
- O Consultivo ve buratos legais no decretazo, mais a Xunta vese avalada. Vieiros, 13/5/2010
- El Consultivo ve inconstitucional que los padres elijan la lengua de los escolares. Faro de Vigo, 13/5/2010
- El Consultivo advierte de que la encuesta a los padres sobre el gallego vulnera la Constitución. La Opinión de A Coruña, 13/5/2010