Air Galicia é un espazo que pretende, en palabras dos seus creadores, “rirse dunha maneira de ser, a nosa”. Unha serie de sketch curtos intentan reflectir de maneira irónica a relación que os/as galegos/as mantemos con diferentes temas, desde os deportes até o Camiño de Santiago, desde as vacacións á política e así con distintas actitudes fronte á vida. Air Galicia é un programa de humor en que ten cabida a crítica social, a parodia televisiva e o humor político, sen renunciar a certas doses de surrealismo absurdo e transgresión.
O capítulo dedicado ao conflito lingüístico pode verse enteiro nesta ligazón.
O conflito lingüístico, visto co humor de Air Galicia
O programa de humor da TVG, Air Galicia, dedicou un dos seus capítulos ao conflito lingüístico en Galiza, con sketchs como o dun madrileño indignado co uso do galego, a recollida de sinatura contra a "imposición", unha actuación musical, o tradutor "Fala como en Valladolid", etc.