O Concello do Porriño convoca o IV concurso de mensaxes SMS

A Biblioteca Municipal e o Concello do Porriño convocan o IV Concurso de Mensaxes de Móbil SMS co obxectivo de fomentar o emprego do galego nas novas tecnoloxías.

As mensaxes deberán estar escritas en galego, terán unha extensión máxima de 160 caracteres e deberán enviarse ao número de teléfono 638148957. A data límite para a recepción das mensaxes é o 12 de decembro de 2008 ás 14:00 horas e o ditame do xurado farase público antes do 22 de decembro deste ano. Ademais, todas as mensaxes recibidas aparecerán na páxina web da Biblioteca Municipal.

O Concurso está composto por tres premios (o 1.º premio con 250 euros, o 2.º premio con 150 euros e o 3.º premio con 100 euros)

Podes consultar as bases na ligazón seguinte
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio