Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello do Grove publicou no BOP do 29 de decembro as bases e a convocatoria da súa praza de técnico/a de normalización lingüística, entre outras prazas de persoal laboral.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 80 puntos) e a formación (até 20 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Diplomatura ou grao.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio saíu publicado no BOE do 1 de maio de 2023; daquela, o prazo de inscrición finaliza o 30 de maio de 2023.
BOLSA DE EMPREGO
Prevese, para aquelas persoas que non superen o proceso selectivo, a súa inclusión en bolsas de persoal laboral temporal específicas para as prazas convocadas.
Bases de selección de persoal laboral fixo, en .pdf (BOP de Pontevedra do 29 de decembro de 2022)
Convocatoria de persoal laboral fixo, en .pdf (BOP de Pontevedra do 29 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 11 de abril de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 1 de maio de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
O Concello do Grove publica as bases e a convocatoria para a provisión definitiva da praza de TNL
O Concello do Grove publicou no BOP do 29 de decembro as bases e a convocatoria, de acordo co proceso de estabilización do emprego temporal na entidade, da praza de técnico/a de normalización lingüística.