O Concello de Vimianzo organiza un concurso de murais pola lingua

A través do seu Gabinete de Normalización Lingüística (GNL), o Concello de Vimianzo organiza o concurso Murais pola lingua, co obxectivos de contribuír a situar favorabelmente o galego como lingua de uso cotiá, nomeadamente entre a mocidade. Poderán participar parellas de nenas e de nenos de entre 12 e 17 anos.

O GNL do Concello de Vimianzo porá ao dispor das rapazas e dos rapaces participantes un espazo de dous metros nos muros dun colexio da localidade, no que poderán pintar un mural sobre o fomento do uso e/ou a mellora das actitudes cara a lingua galega. Previamente, as parellas participantes deberán presentar un bosquexo do traballo que queren realizar.

A parella gañadora poderá participar de balde no campamento urbano ou no campamento de verán da localidade.

No blog do GNL de Vimianzo (www.vimianzo.es/lingua) pódense consultar as bases completas deste singular concurso para o fomento do uso do galego na mocidade.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio