O Concello de Vigo convoca a praza de xefe/a de normalización lingüística

O Concello de Vigo publicou no BOP do 11 de maio de 2023 a convocatoria, para a cobertura temporal mediante comisión de servizos, da praza de xefe/a de normalización lingüística. A convocatoria está aberta a outras administracións. Prazo para presentar solicitudes: 5 días hábiles.



O Concello de Vigo publicou no BOP do 11 de maio de 2023 a convocatoria aberta a outras administracións para a provisión con carácter temporal e urxente en comisión de servizos do posto de xefe/a de normalización lingüística.

Características da praza

• denominación: xefe/a de normalización lingüística

• relación de emprego: funcionario/a

• referencia do posto: código 2250101

• subgrupo de titulación: A1

• nivel de CD: 26

• nivel de CE: 660

• importe anual do CE: 24.314,08 euros

• tipo: singularizado

• escala: AE

• subescala: TS

• titulación requirida: grao en estudos de galego e español en lingua e literatura galegas, en galego-portugués ou licenciaturas equivalentes, ou calquera outro grao ou licenciatura da Área de coñecemento de humanidades ou ciencias sociais e xurídicas segundo o espazo MECES, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

• Formación específica: Celga 5

• FP: concurso.

Requisitos das persoas aspirantes

As persoas solicitantes deberán ter a condición de funcionario/a de carreira e reunir os requisitos establecidos para o desempeño do posto de traballo, nos termos da normativa vixente e segundo a vixente relación de postos de traballo do Concello de Vigo (publicada no BOP de Pontevedra do 30 de setembro de 2022).

Solicitudes e prazo

As persoas aspirantes deberán presentar a solicitude na sede electrónica do Concello de Vigo, durante un prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP, é dicir, entre o 12 e o 19 de maio.

Documentación necesaria

Coas solicitudes deberán achegarse, ademais das certificacións e documentos xustificativos dos requisitos esixidos na convocatoria, os seguintes documentos:

• Certificación expedida pola Administración de procedencia acreditativa de que a persoa aspirante é funcionaria de carreira e reúne os requisitos establecidos para o desempeño do posto de traballo, nos termos da normativa vixente e segundo a vixente relación de postos de traballo do Concello de Vigo

• Informe favorable da Administración de orixe co compromiso de autorización da comisión de servizos do empregado/a público/a.

• Currículo que conteña unha relación individualizada dos méritos, formación e traxectoria profesional que se aleguen.

• Declaración responsable de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais o estatutarios das comunidades autónomas, nin que ten inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala correspondente.

• Declaración responsable de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo.

• Documentación acreditativa e relación numerada dos méritos, formación e traxectoria profesional.

* Os/As empregados/as públicos/as ao servizo do Concello de Vigo non terán que presentar a documentación que estea en poder do Concello (artigo 53 da Lei 39/2015).

Convocatoria publicada no BOP, en .pdf (BOP de Pontevedra do 11 de maio de 2023)

Información sobre este proceso no web do Concello de Vigo
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio