O Concello de Vigo publicou no BOP do 30 de outubro de 2025 a convocatoria aberta a outras administracións para a provisión con carácter temporal e urxente en comisión de servizos do posto de xefe/a de normalización lingüística.
Características da praza
- denominación: xefe/a de normalización lingüística
- relación de emprego: persoal funcionario
- referencia do posto na RPT: código 2250101
- subgrupo de titulación: A1
- nivel de CD: 26
- nivel de CE: 660
- importe anual do CE: 24.314,08 euros
- tipo: singularizado
- escala: Administración especial
- subescala: técnica superior
- titulación requirida: grao en estudos de galego e español, en lingua e literatura galegas, en galego-portugués ou licenciaturas equivalentes, ou calquera outro grao ou licenciatura da área de coñecemento de humanidades ou ciencias sociais e xurídicas segundo o espazo MECES, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
- formación específica: Celga 5
- forma de provisión: concurso.
Requisitos das persoas aspirantes
As persoas solicitantes deberán ter a condición de persoal funcionario de carreira e reunir os requisitos establecidos para o desempeño do posto de traballo, nos termos da normativa vixente e segundo a vixente relación de postos de traballo do Concello de Vigo.
Solicitudes e prazo
As persoas aspirantes deberán presentar a solicitude na sede electrónica do Concello de Vigo, durante un prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte a publicarse o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este anuncio publicouse no DOG do 21 de novembro de 2025, polo que o prazo para presentar solicitudes vai do 24 de novembro ao 5 de decembro de 2025.
Documentación necesaria
Coas solicitudes deberán achegarse, ademais das certificacións e documentos xustificativos dos requisitos esixidos na convocatoria, os seguintes documentos:
- Certificación expedida pola Administración de procedencia acreditativa de que a persoa aspirante é funcionaria de carreira e reúne os requisitos establecidos para o desempeño do posto de traballo, nos termos da normativa vixente e segundo a vixente relación de postos de traballo do Concello de Vigo
- Informe favorable da Administración de orixe co compromiso de autorización da comisión de servizos do empregado/a público/a.
- Currículo que conteña unha relación individualizada dos méritos, formación e traxectoria profesional que se aleguen.
- Declaración responsable de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais o estatutarios das comunidades autónomas, nin que ten inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala correspondente.
- Declaración responsable de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo.
- Documentación acreditativa e relación numerada dos méritos, formación e traxectoria profesional.
Os/As empregados/as públicos/as ao servizo do Concello de Vigo non terán que presentar a documentación que estea en poder do Concello (artigo 53 da Lei 39/2015).
Convocatoria publicada no BOP, en .pdf (BOP de Pontevedra do 30 de outubro de 2025)
Anuncio publicado no DOG, en .pdf (DOG do 21 de novembro de 2025)
Información sobre este proceso no web do Concello de Vigo
Principal información
- Posto que se convoca: xefe/a de normalización lingüística en comisión de servizos
- Características: funcionario A1, nivel 26
- Provisión: concurso
- Requisitos:
- Ser funcionario/a de carreira
- Grao en lingua e literatura galegas ou titutación equivalente
- Celga 5
- Prazo para presentar solicitudes: 10 días hábiles logo da publicación da convocatoria no DOG do 21 de novembro de 2025.
Información máis detallada
- Convocatoria publicada no BOP, en .pdf (BOP de Pontevedra do 30 de outubro de 2025)
- Anuncio publicado no DOG, en .pdf (DOG do 21 de novembro de 2025)
- Información sobre este proceso no web do Concello de Vigo




