O Concello de Valga convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística
No BOP do 18 de marzo de 2022, o Concello de Valga publicou a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O sistema de selección é unha oposición e o prazo para presentar solicitudes finaliza o 19 de abril.
O Concello de Valga publicou no BOP do 18 de marzo de 2022 a convocatoria e as bases dun proceso selectivo para a provisión temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZA
Trátase dunha praza do grupo A, subgrupo A1,nivel 22, escala de Administración xeral, subescala técnica, que se cubrirá temporalmente en réxime de interinidade. O proceso selectivo servirá, así mesmo, para crear unha bolsa de traballo para cubrir hipotéticas vacantes.
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Requírese licenciatura en filoloxía galega ou grao en lingua e literatura galegas.
SISTEMA DE SELECCIÓN
O proceso de selección consistirá nunha oposición e incluirá unha única proba. Esta consistirá nun cuestionario tipo test de 60 preguntas (e 5 máis de reserva) sobre o temario do anexo I da convocatoria.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 19 de abril de 2022.
As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral da entidade ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 18 de marzo de 2022)