val do dubra

O Concello de Val do Dubra convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística

O Concello de Val do Dubra publica no BOP do 12 de agosto as bases para a cobertura definitiva dunha praza de TNL. Solicitudes do 21 de agosto ao 9 de setembro.

O Concello de Val do Dubra publicou no BOP do 12 de agosto de 2025 a convocatoria e as bases específicas para a cobertura dunha praza de funcionario/a de carreira de técnico/a de normalización lingüística, posto correspondente á Administración especial.

Características da praza

Trátase dunha unha praza de funcionario/a de carreira de técnico/a de normalización lingüística, subgrupo A2, escala de Administración especial, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello que está incluída na oferta de emprego público de 2025 aprobada por Resolución da Alcaldía número 544/2025 do 18 de xullo de 2025 e publicada no BOP o 24 de xullo de 2025.

As funcións da praza son as descritas na base 1 desta convocatoria.

Requisitos de titulación

Grao en Lingua Galega, Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica
(subsección Galego-Portugués), ou titulación en calquera outro grao/licenciatura pertencente á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite a homologación, certificada pola Administración competente.

Solicitudes e prazo

As solicitudes dirixiranse á Alcaldía do Concello de Val do Dubra, e presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Este anuncio publicouse o 20 de agosto; daquela, o prazo de presentación de solicitudes vai do 21 de agosto ao 9 de setembro de 2025.

Xunto coa instancia debidamente asinada (anexo I) deberá presentarse a seguinte documentación na orde que se indica:

  1. Documento nacional de identidade, pasaporte, tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios ou documento válido en dereito que a acredite.
  2. Titulación requirida para acceder ao proceso selectivo de acordo co sinalado na base 4e). No caso de titulacións que requiran do Celga 5 acreditarase documentalmente estar en posesión deste, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias.
  3. Permiso de conducir clase B.
  4. De ser o caso, certificación do grao de discapacidade.
  5. Xustificante ou copia do documento acreditativo da transferencia ou ingreso na conta bancaria do Concello de Val do Dubra da taxa por dereitos de exame.

Dereitos de exame

O importe en concepto de dereitos de exame será o seguinte (art. 7 da Ordenanza fiscal correspondente): 22,24 euros. Ingresarase na conta ES91 2080 0315 8031 1000 0038 da entidade ABANCA. No concepto da transferencia debe indicarse o nome da persoa aspirante, así coma o proceso en que participa.

Sistema de selección e desenvolvemento do proceso

O sistema de selección será a oposición, que incluirá as seguintes probas:

  • Primeiro exercicio: exame tipo test (de 0 a 40 puntos). Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de 80 preguntas tipo test, ademais de 5 preguntas de reserva, con tres respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta, correspondentes á parte xeral do programa que figura como anexo II das bases. O tempo de desenvolvemento desta proba será dun máximo de 60 minutos. Será preciso acadar unha puntuación mínima de 20 puntos para superar o exercicio.
  • Segundo exercicio: suposto/s práctico/s (de 0 a 50 puntos). Consistirá na realización dun ou dous supostos prácticos relacionados coa parte específica do temario (anexo II), dirixido a apreciar a capacidade das persoas aspirantes para levar a cabo as tarefas relacionadas co posto de traballo a que fai referencia o programa. Se o tribunal pon dous supostos prácticos e se valoran con distinta puntuación, deberá indicar aos e ás aspirantes a puntuación de cada un deles. Valorarase o rigor analítico, a sistemática e o conxunto de ideas en canto á elaboración dunha proposta razoada para a súa resolución. O tempo máximo para a súa realización será de dúas horas. Será necesario para superalo unha puntuación mínima de 25 puntos.

    Prazo para presentar solicitudes

    Do 21 de agosto ao 9 de setembro (20 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOE do 20 de agosto).

    Sistema de selección

    1. Cuestionario con 80 preguntas
    2. Resolución de casos prácticos

    Información máis detallada

    1. Bases da convocatoria publicadas no BOP, en .pdf (BOP do 12 de agosto de 2025)
    2. Información da convocatoria na sede electrónica do Concello de Val do Dubra
    3. Anuncio no BOE, en pdf (BOE do 20 de agosto de 2025)

    En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

    Asociate na CTNL

    A CTNL no Youtube

    A CTNL no Youtube

    Queremos galego!

    kit para a normalización en rede

    Kit para a normalización en rede

    Scroll ao inicio