- a) Ser español ou nacional dun Estado, membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados a que en virtude de tratados internacionais, realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente.
- b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
- c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente e non ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.
Requisitos específicos:
- e) Estar en posesión do título de licenciado/a en Fololoxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía galega ou en Fololoxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou titulado/a en calquera otra licenciatura máis o Celga 5.
- f) Estar en posesión do carné de conducir B1.
O proceso de selección será o concurso-oposición. Na fase de concurso, de 3 puntos, valoraranse os datos seguintes:
- Experiencia laboral. Máximo de 3 puntos, segundo o seguinte baremo:
- 1.1 Como normalizador lingüístico. (máximo 2 puntos) na administración pública: 0,20 puntos por mes completo de traballo e 0,10 puntos na empresa privada por mes completo de traballo.
- 1.2 Como profesor de lingua galega en colexios públicos ou privados (Máximo 0.50 puntos): 0,15 puntos por mes completo de traballo.
- 1.3 Pola impartición de cursos de lingua galega. (Máximo 0.50 puntos)
- menos de 20 horas: 0.10 puntos
- de 20 a 49 horas: 0.30 puntos
- de 50 ou máis horas: 0.50 puntos
- Formación. Máximo 3 puntos, según o seguinte baremo:
- 2.1 Pola asistencia a cursos, congresos, simposios directamente relacionados coas tarefas a desenvolver.
- entre 10 e 20 horas: 0.10 puntos
- de 21 a 49 horas: 0.30 puntos
- de 50 a 99 horas: 0.50 puntos
- de 100 ou máis: 0.70 puntos
- 2.1 Pola asistencia a cursos, congresos, simposios directamente relacionados coas tarefas a desenvolver.
A fase de oposición consistirá na realización de dous exercicios e unha entrevista:
- A primeira proba, cunha puntuación máxima 12 puntos e cun mínimo para superala de 6 puntos, consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo dunha hora e media, un tema entre dous elexidos ao azar
- A segunda proba, de carácter práctico, terá unha puntuación máxima de 8 puntos, cun mínimo de 4 puntos e consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego nun tempo máximo dunha hora.
- A terceira proba será unha entrevista cunha puntuación máxima 2 puntos, cun mínimo de 1 punto, e
consistirá nunha entrevista curricular
Podes consultar a convocatoria completa no BOP do sábado 6 de xuño.