O Concello de Santa Comba publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

O Concello de Santa Comba publicou no BOP do 30 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de mestre -LFH- (normalizador/a lingüístico/a, impartición ESA).



Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Santa Comba publicou no BOP do 30 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de mestre -LFH- (normalizador/a lingüístico/a, impartición ESA).

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 90 puntos) e formación (até 10 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Ter algunha destas titulacións ou equivalentes:

– Licenciatura en Filoloxía Galego–Portuguesa

– Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)

– Grao en Lingua Galega

– En calquera outra licenciatura ou grao da área de Humanidades ou Ciencias Xurídicas sempre que dispoña do Celga 5.

Tras a corrección de erros publicada no BOP da Coruña do 24 de febreiro de 2023, o requisito de titulación reduciuse a licenciatura en Filoloxía Hispánica ou equivalente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días soltos desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 10 de maio de 2023.

Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de decembro de 2022)

Data de publicación dunha corrección de erros e das bases mofificadas no BOP: 24 de febreiro de 2023 (ligazón á corrección, en .pdf e ligazón ás bases modificadas, en .pdf)

Data de publicación do anuncio no BOE: 10 de maio de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 8 de xuño de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio