Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Ribeira publicou no BOP do 27 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e os méritos académicos (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en estudos de Galego e Español; grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios; licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa; licenciatura en Filoloxía Galega; licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués); outras titulacións superiores que pertenzan ás áreas de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega de nivel 5 (Celga 5).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 19 de xaneiro de 2023; polo tanto, o prazo finaliza o 30 de xaneiro por ser inhábil o décimo día de prazo.
BOLSA DE EMPREGO
Concluída a cualificación final do proceso selectivo, e tal e como se dispón na base 9ª, o tribunal efectuará unha relación complementaria coas persoas aspirantes que non obtivesen praza, para a formación dunha bolsa de emprego que terá unha vixencia máxma de 5 anos.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 27 de decembro de 2022)
Anuncio no DOG, en .pdf (DOG do 18 de xaneiro de 2023)
Anuncio no BOE, en .pdf (BOE do 19 de xaneiro de 2023)
Publicación da lista provisional de persoas admitidas, en .pdf (BOP da Coruña do 10 de febreiro de 2023)
Publicación da lista definitiva de persoas admitidas e do tribunal avaliador, en .pdf (BOP da Coruña do 1 de marzo de 2023)
Anuncio de nomeamento como persoal laboral fixo, en .pdf (BOP da Coruña do 31 de marzo de 2023)
Información sobre este proceso selectivo no web do Concello de Ribeira aquí.
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
O Concello de Ribeira publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O Concello de Ribeira publicou no BOP do 27 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.