Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Ponteareas publicou no BOP do 26 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 60 puntos) e a formación (até 40 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
De acordo coa corrección de erros publicada no BOP do 2 de marzo de 2023, grao en Lingua e Literaturas galegas, grao en estudos de galego e español, grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos, ou licenciatura en Filoloxía Hispánica ou outras titulacións superiores (grao ou licenciatura) pertencentes á Área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 14 de xuño de 2023; polo tanto, o prazo finaliza o 12 de xullo de 2023.
BOLSA DE EMPREGO
Ante a inexistencia de bolsas de persoal funcionario interino na categoría de técnico/a de normalización lingüística (subgrupo A1) e en virtude da disposición adicional 4ª da Lei 20/2021, con aquelas persoas que non superen o proceso selectivo e reúnan os requisitos esixidos na convocatoria crearanse bolsas de persoal funcionario interino.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP de Pontevedra do 26 de decembro de 2022)
Corrección de erros das bases específicas, en .pdf (BOP de Pontevedra do 2 de marzo de 2023)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 18 de abril de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 14 de xuño de 2023)
Información no web do Concello de Ponteareas aquí.
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
O Concello de Ponteareas publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O Concello de Ponteareas publicou no BOP do 26 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.