Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Ourense publicou no BOP do 31 de decembro as bases polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 70 puntos) e a formación (até 30 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Posuír o título de grao en filoloxía galega ou equivalente; ou estar en condicións de obtelo antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE, publicación que se produciu no BOE do 6 de decembro de 2024.
Bases da convocatoria, en .pdf (BOP de Ourense do 31 de decembro de 2022, a partir da páxina 231)
Anuncio no BOE, en .pdf (BOE do 6 de decembro de 2024)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.