O Concello de Oleiros publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL
O Concello de Oleiros publicou no BOP do 21 de decembro as bases específicas que regulan o proceso selección dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No BOP do 23 de setembro xa publicara as bases xerais que rexen os procesos selectivos na entidade.
Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Oleiros publicou no BOP do 21 de decembro as bases específicas correspondentes á praza de técnico/a de normalización lingüística.
Con anterioridade, no BOP do 23 de setembro o concello publicara as bases xerais polas que se regulan os procedementos selectivos de persoal laboral fixo e persoal funcionario/a de carreira.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até un 90% da puntuación) e outros méritos (até un 10% da puntuación).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Diplomatura universitaria ou equivalente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 3 de abril de 2023; polo tanto, o prazo está aberto do 4 de abril ao 4 de maio de 2023.
Bases xerais, en .pdf (BOP da Coruña do 23 de setembro de 2022)
Bases específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 21 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 1 de febreiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 3 de abril de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.