O Concello de Nigrán convoca unha bolsa de emprego para TNL

O Concello de Nigrán convoca un proceso selectivo para crear unha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística. O contrato que se efectuará a través desta bolsa será de dous anos e terá un horario semanal de 18,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: até o 30 de xuño.

O Concello de Nigrán abre un proceso selectivo para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística durante dous anos e cun horario semanal de 18,5 horas, de luns a venres. A contratación efectúase ao abeiro das axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra.

FUNCIÓNS DA PRAZA:

– Elaborar unha ordenanza ou regulamento de uso da lingua galega no concello. (A ordenanza do Concello de Nigrán foi aprobada en marzo de 2020.)

– Asesorar a Administración no relacionado coa política lingüística.

– Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística e velar polos dereitos lingüísticos da cidadanía.

– Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da institución.

– Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos.

– Resolver dúbidas lingüísticas.

– Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega.

– Propoñer programas de dinamización e actividades concretas de concienciación lingüística.

– Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora.

REQUISITOS DE TITULACIÓN:

– licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica (subsección galego-portugués);

– grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega.

PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:

Proba práctica co fin de valorar o dominio do idioma: unha tradución e a redacción dun documento administrativo.

Proba oral sobre aspectos profesionais e técnicos.

Puntuación do currículo: concurso de méritos.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:

Dez días hábiles desde a publicación do anuncio no BOP de Pontevedra. Este anuncio publicouse o día 16 de xuño; daquela, o prazo finaliza o 30 de xuño.

DEREITOS DE EXAME:

Os dereitos de exame correspondentes a este proceso selectivo ascenden a 17,5 euros con carácter xeral ou 4,38 euros para aquelas persoas que acrediten a súa condición de desempregadas.

Bases completas e máis información na sede electrónica do Concello de Nigrán e como anexo a esta publicación.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio