A Concellaría de Cultura, Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Muros, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), convoca para o ano 2010 unha serie de axudas a empresas para fomentar a rotulación permanente dos locais comerciais en lingua galega.
O prazo de solicitude será dun mes a partir da súa publicación, e un dos requisitos indipensábeis, ademais de que a rotulación sexa en galego, será que os locais comerciais estean situados no mercado da praza de Abastos da vila, co fin de, ao mesmo tempo, dinamizar e potenciar este novo recinto municipal.
Para máis información, pódese contactar co Servizo de Normalización Lingüística a través do teléfono 981 762 294, ou do correo-e: normalizacion@muros.es.
A convocatoria e mais o impreso de solicitude tamén se poderán consultar no web www.muros.es.
O Concello de Muros convoca axudas a empresas para o fomento do uso do galego na rotulación permanente
O Concello de Muros, a través do Servizo de Normalización Lingüística, convoca para o ano 2010 axudas a empresas para fomentar a utilización da lingua galega na rotulación permanente dos estabelecementos comerciais. O prazo de solicitude será dun mes a partir da publicación da convocatoria no BOP, prevista para a vindeira semana.