Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Miño publicou no BOP do 22 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regula o proceso de selección dunha praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e a formación (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
As persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 30 de decembro de 2022; polo tanto o prazo finaliza o 19 de xaneiro de 2023.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 22 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 30 de decembro de 2022)
Listaxe provisional de persoas admitidas, en .pdf (BOP da Coruña do 10 de febreiro de 2023)
Listaxe definitiva de persoas admitidas, nomeamento do tribunal e convocatoria para a súa constitución, en .pdf (BOP da Coruña do 5 de abril de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
O Concello de Miño publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O Concello de Miño publicou no BOP do 22 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.