O Concello de Lugo aproba por unanimidade a súa Ordenanza de uso do galego

Na sesión plenaria que tivo lugar o luns 7 de maio de 2012, a corporación municipal de Lugo aprobou inicialmente, cos votos a favor do PP, PSdeG-PSOE e BNG, unha Ordenanza de uso do galego que ten por obxectivo impulsar o proceso de normalización da lingua galega no municipio

Logo dun proceso de negociación entre as tres organizacións políticas con representación na corporación municipal, a iniciativa do goberno (formado por PSOE e BNG), o Pleno do Concello de Lugo aprobou por unanimidade unha ordenanza para regular os criterios lingüísticos da institución na procura de impulsar o proceso social de normalización lingüística.

Nesta ordenanza, que lle afecta tanto ao Concello como aos organismos que del dependan e ás empresas concesionarias, declárase que un dos obxectivos é o de consolidar o papel normalizador da entidade municipal.

No texto estabelécense os criterios acordados para o uso do galego na organización municipal, nas relacións coas administradas e administrados, nas relacións institucionais, nos anuncios e publicidade, na atención ao público, na rotulación, etc.

Gabinete de Normalización Lingüística

Ademais, no texto da ordenanza estabelécese que “o Concello de Lugo manterá un Gabinete de Normalización Lingüística co obxectivo de impulsar a normalización lingüística a todos os niveis e coordinar as accións necesarias para lle dar cumprimento ao espírito da ordenanza”.

Ordenanza de uso do galego na Administración municipal de Lugo (.pdf) >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio