O Concello de Ferrol publica as bases para a provisión definitiva da praza de TNL

O Concello de Ferrol publicou no BOP do 19 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.



Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Ferrol publicou no BOP do 19 de decembro as bases polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 60 puntos) e a formación (até 40 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a titula­ción de licenciatura ou grao en Filoloxía Hispánica (Subsección Galego-Portugués) ou Filoloxía Galega.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 18 de xaneiro de 2023; por tanto, o prazo finaliza o 7 de febreiro.

BOLSA DE EMPREGO

De conformidade co establecido na disposición adicional cuarta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, as convocatorias de estabilización poderán prever para aquelas persoas que non superen o proceso selectivo a súa inclusión en bolsas de persoal funcionario interino ou a súa integración en bolsas xa existentes.

Nestas bolsas integraranse aqueles candidatos que, participando no proceso de estabilización correspondente non o superen.

Bases do proceso, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 3 de xaneiro de 2023)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 18 de xaneiro de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio