Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Dumbría publicou no BOP do 12 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e a formación (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Licenciatura ou grao universitario.
FUNCIÓNS
– Apoio á secretaría intervención no traballo administrativo
– Asesoramento lingüístico ao Concello
– Deseño de documentación formal
– Elaboración de programas de fomento do galego na Administración local
– Fomento do galego na sociedade
– Corrección de textos
– Traballo con asociacións culturais dentro do municipio
– Coordinación con outras institucións en traballo de normalización lingüística
– Tarefas de comunicación (relación cos medios de comunicación)
– Tramitacións de subvencións
– Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publícase no BOE do 23 de decembro de 2022 e o prazo está aberto até o 12 de xaneiro de 2023.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 12 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 23 de decembro de 2022)
Listaxe provisional de persoas admitidas e nomeamento de tribunal, en .pdf (BOP da Coruña do 3 de febreiro de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
O Concello de Dumbría publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O Concello de Dumbría publicou no BOP do 12 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.