O Concello de Cedeira convoca a ampliación dunha bolsa de traballo para TNL

O Concello de Cedeira publicou no BOP de hoxe a convocatoria e as bases para a ampliación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística. O sistema de provisión será un concurso de méritos e entrevista curricular. Prazo para presentar solicitudes: 10 días naturais.

O Concello de Cedeira publicou no BOP do 18 de maio de 2022 a convocatoria e as bases para a ampliación dunha bolsa de traballo para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

– grao en Lingua Galega, licenciatura en Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)

– outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

O proceso de selección consistirá en dúas fases:

Concurso de méritos: valoraranse a experiencia profesional e os cursos de formación sobre materias relacionadas coas funcións da praza de máis de 20 horas. A valoración máxima desta fase é de 20 puntos.

Entrevista curricular: a comisión realizará unha entrevista sobre aspectos do currículo, funcións do posto, actualización de coñecementos, coñecemento do municipio. A valoración máxima desta proba é de 1 punto.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 30 de maio de 2022, por ser non hábil o último día de prazo.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cedeira, na Sede Electrónica ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

TAXA DO PROCESO SELECTIVO

A taxa para participar neste proceso selectivo é de 15 euros, segundo o disposto no artigo 5.2 da Ordenanza municipal 2.6, reguladora da taxa pola participación en procesos selectivos.

Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 18 de maio de 2022)

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio