O Concello de Carral publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O Concello de Carral publicou no BOP do 28 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Carral publicou no BOP do 28 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 90 puntos) e outros méritos (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Licenciatura en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-portuguesa ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua e Literaturas Galegas, grao en Galego e Portugués ou calquera outra licenciatura ou grao pertencente á área de Humanidades ou Ciencias Xurídicas e Socias sempre que se dispoña do Celga 5.
Estar en posesión do nivel de Celga 5 ou equivalente ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 28 de decembro de 2023; polo tanto, o prazo finaliza o 17 de xaneiro de 2024.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 28 de decembro de 2022)
Anuncio no BOE, en .pdf (BOE do 28 de decembro de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.